Nace en A Estrada unha Plataforma de Emigrantes Retornados. Ante as recentes notificacións da axencia tributaria a este colectivo polas pensións que reciben do estranxeiro e sancións por non habelas declarado durante 4 anos atrás, unha véntena de afectados poñen en marcha unha plataforma para conseguir apoios ante a súa situación, a cal consideran inxusta ante o descoñecemento de que tivesen que declarar estes ingresos.
Dende o colectivo esperan que se lle incorporen máis afectados e mentres teñen previstas varias acción. En primeiro lugar xa comezaron con unha recollida de firmas da cal están tendo moi boa acollida por parte dos veciños da vila. En breve solicitarán reunirse co alcalde e con representantes dos distintos partidos políticos para buscar o seu apoio e unha solución a esta situación.
Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras







































