O xurado falla a favor de "Corpos Transitivos" de Dna. Elvira Riveiro a XVII Edición do Premio Avelina Valladares

IMG_2549

Esta semana o Concelleiro de Cultura, don Juan Constenla, acompañado polos membros do xurado da presente edición do Premio de Poesía Avelina Valladares , conformado por Dna. María Xesús Nogueira Pereira, D. David Otero Fernández, D. Xosé Luna Sanmartín e Dna. Dolores Araujo Arias, esta última como secretaria; deron a coñecer a obra gañadora do XVII edición.

IMG_2589Nesta ocasión e como dita a acta: “Unha vez lidos os orixinais presentados, selecciona por unanimidade, como gañador do XVII Premio de Poesía Avelina Valladares, o presentado baixo o lema “Corpos Transitivos” que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Dna. Elvira Riveiro Tobío, no que o xurado destacou do poemario a indagación levada a cabo sobre a perda do territorio e do lugar, a reflexión sobre a escritura e o propio poema, salientou ademais a forza do discurso e a orixinalidade na creación de xogos verbais non exentos de ironía».

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta