Dentro das actividades financiadas para o 2020 polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o CIM da Estrada organiza un obradoiro para mulleres e outro para nenos e nenas.
- Cando?
Obradoiro para mulleres: 10, 13,17,20 agosto de 17-21 h no MOME
Obradoiro para crianzas: 27 agosto ás 12 h no ESPAZO CONCILIA
Inauguración da expo das súas obras: 27 Agosto 20 h na SALA DE ABANCA
- Qué é?
Trátase dun proxecto de creación conxunta de mulleres usuarias do CIM da Estrada, coa artista Neves Seara, directora de Casa Morada (servizos culturais con perspectiva de xénero) no que en catro sesións traballarán ferramentas de autocoñecemento e autoexpresión escrita e plástica para adquirir habilidades de xestión emocional, comprensión e empoderamento. Tras esas catro sesións uniremos o resultado plástico de cada unha das usuarias cosendo as súas obras de fotografía intervida con pintura e texto nunha peza máis grande composta por todas, xerando un tapiz de mulleres reafirmadas que mostrarán na súa propia linguaxe plástica a súa capacidade de agromar e crecer emocionalmente. Non se require de coñecementos previos de arte nin de escritura, só se precisa de ganas de medrar e de valorarse positivamente. Queremos poder levar este proxecto a outros concellos para poder sumar a este primeiro tapiz de obras cosidas novas pezas de máis mulleres participantes.
Se espera unha participación de máximo 17 mulleres. E as súas obras serán expostas xunto cos bocetos e textos na sala de Abanca da Estrada o día 27 de Agosto ás 20h.
Ese mesmo día pola mañá as crianzas do proxecto CONCILIA do Concello participarán tamén nun obradoiro creativo sobre a identidade de xénero e autocoñecemento, «Tris-tras autocollage!» tamén deseñado por Neves Seara, e crearán as súas propias obras de arte que formarán parte da exposición mencionada. Se lles entregará ás crianzas no obradoiro e na exposición uns caderniños de actividades e xogos sobre este tema deseñado por Neves Seara pero cuxo contido é do colectivo Lilandeiras (Coop. galega de técnicas de igualdade), cooperativa coa que Neves Seara colabora habitualmente.
Tratamos de xerar dende o concello da Estrada nas usuarias e as crianzas que participarán unha concienciación sobre a identidade, a liberdade expresiva e creativa a través de adquirir ferramentas de re-valorización da súa propia singularidade, autoxestión emocional e crecemento individual gracias ao apoio dun colectivo sensible e unido. Adquirir unhaIns conciencia e valorización do «EU SON», e comprender que «XUNTAS CREAMOS» unha nova realidade máis amable e que tece redes de apoio, de empatía e comprensión.
- Inscricións: no correo electrónico do CIM: cim@aestrada.es ou no teléfono 986 59 01 51








































