O BNG da Estrada rexistrará unha pregunta para o pleno pedindo explicacións ao concello sobre o estado de abandono que propicia a degradación do lavadoiro de Leicures. Varias veciñas da zona puxéronse en contacto con militantes da formación nacionalista, queixándose do estado lamentable no que se atopa este ben etnográfico do noso concello, un elemento patrimonial que, lembremos, se recuperou da man do BNG no mandato (2007-2011), así como moitos outros bens etnográficos.
Isto non é máis que unha mostra do desleixo e a falta de interese do PP e López Campos polo noso patrimonio e a nosa cultura. Para o alcalde da Estrada e o seu equipo de goberno os elementos culturais non teñen ningún interese, só hai que ver o estado dun dos monumentos máis coñecidos que temos, como o conxunto formado pola Torre e o Pazo de Guimarei, que durme entre as silveiras e o derrube paulatino sen que ao noso alcalde lle importe o máis mínimo.
Noutros lugares estarían coidando o seu patrimonio como fonte de orgullo de algo diferencial e sacándolle rendibilidade económica. No Bng pensamos que todo suma na mellora do futuro do noso concello e por iso pediremos as explicacións oportunas aos responsables.
O BNG da Estrada rexistrará unha pregunta para o pleno pedindo explicacións ao concello sobre o estado de abandono que propicia a degradación do lavadoiro de Leicures.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































