Os baños na Alameda son necesarios, que sexan intelixentes xa non tanto

O goberno municipal do PP vai colocar uns “baños intelixentes” na Alameda da Estrada, case ano e medio despois da súa posta en marcha, a pesar da súa evidente necesidade nun espazo público.

Está por ver se son realmente “intelixentes” como di o goberno do PP, mais o que si está claro é de que, por moi listos que sexan, van necesitar mantemento e este ten un custe. Se botamos a vista atrás e recordamos todos os aparellos, tamén intelixentes, que se compraron cos cartos de A Estrada Dixital veremos que de todo aquilo non queda nada que funcione, agás a wifi. Aínda se poden ver nalgunha das rúas da vila as cabinas desde as que nos poderiamos conectar a internet, mais ningunha funciona e unha das razóns, á marxe da súa utilidade, é o custe do seu mantemento. Comprar trebellos con cartos que caen do ceo como os do EDUSI é o doado, mais manter todo iso vai a conta dos veciños e veciñas da Estrada.

Os baños na Alameda son necesarios, que sexan intelixentes xa non o é tanto. Con isto queremos instar ao goberno a que antes de colocar estes “baños intelixentes” de 70.000 euros valore os custes de mantemento que teñen estes artefactos. Os baños públicos, aínda que non sexan intelixentes, son necesarios; non vaia ser que cando finalice a garantía do produtos teñamos na Alameda uns trastos que nin son intelixentes e non serven para a función que foron adquiridos.

Estamos nun intre de profunda crise económica, e os cartos, aínda que que sexa un maná que cae de Europa, os gobernos teñen que facer un uso responsábel dos mesmos, xa que son cartos de todos e todas.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta