O PSOE estradense amósase “decepcionado” polo papelón
do goberno municipal na comisión de Facenda celebrada o venres. Na orde
do día unicamente estaban os orzamentos municipais para 2021. O martes,
os socialistas fixeran chegar as súas propostas, que centraban esforzos na
promoción económica (suba de 150.000 euros e bonificacións fiscais) e no
medio rural (suba de 100.000 euros nos investimentos), cuestións chave
que se deberían atender en 2021.
Os socialistas realizaron un estudo detido do orzamento e atoparon unha
diferenza de 762.000 euros entre os gastos que prevé o goberno e os que
finalmente se terán que atender. “Son partidas de gasto corrente que están
sobredimensionadas, nunca se gastan por completo”. Aínda así, para
poñerllo sinxelo ao goberno, López Bueno propuxo axustes por valor de
381.000 euros “detallando cada céntimo”, e que serían máis que suficientes
para atender as súas propostas.
O líder socialista explica que reorganizando o gasto non sería necesario
acudir a fórmulas e aumento dos ingresos, nin se incorrería en máis
endebedamento por parte do concello. Ademais, co axuste proposto
manteríanse abertas todas as partidas axustadas “que se poderían
complementar se tiveran gasto por riba do normal”.
En contra de toda a lóxica, o PP non atendeu as emendas da bancada
socialista. Para López Bueno este feito demostra que “o PP é o goberno
máis hipócrita da historia deste Concello”. O xoves puidemos velos na
manifestación da hostalaría, comprometéronse no pleno a tomar medidas
económicas de apoio a comerciantes e restauración, pero á hora da verdade
levantan a man para votar en contra das medidas de apoio.
López Bueno recoñece que “non esperaba outra cousa” e parécenlle
“lamentables” os intentos de xustificación do goberno, que intentou
parapetarse en “recomendacións” do departamento de intervención sen
esgrimir “ningún informe asinado”. O líder socialista sentencia que “non
presentan un informe porque non poden, trátase dunha decisión do goberno
e punto”.
O voceiro lamenta que o PP lle dea as costas a comerciantes, hostaleiros e
parroquias “cando se lles deu todo feito” e considera “retratados” aos
Concelleiros do PP. Considera como unha “moi mala nova” que edís
populares que teñen negocios e comercios “voten da man dos seus cargos
políticos” uns orzamentos que non prevén ningunha medida de apoio ao
tecido económico da Estrada. López Bueno opina que “é normal que os
concelleiros con dedicación estean moi tranquilos, ao final eles viven de
salarios pagados por todos os estradenses” pero non comprende a actitude
do resto de concelleiros. “Tal e como nós non entendemos o seu voto, os
veciños e veciñas tampouco o van a entender”.
O GOBERNO DE JOSÉ LÓPEZ REXEITA INCORPORAR MEDIDAS DE APOIO A HOSTALEIROS E COMERCIANTES NO ORZAMENTO DE 2021
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































