No obradoiro de concienciación ambiental sobre a producción local e o
consumo de proximidade, titulado “Eu como do local”, abordaremos prácticas de alimentación sostibles e saudables, coñecemos a riqueza dos productos de temporada elaborados no noso concello, e reflexionamos sobre os riscos dunha mala xestión dos recursos alimentarios.
Descubrimos os productos locais de temporada da nosa Caixa.
Coñecemos aos productore do Concello da Estrada.
Investigamos como consumir dunha forma respetuosa coa contorna.
Coñecemos os segredos dunha alimentación sostible e saudable.
Reflexionamos sobre os riscos da globalización alimentaria.
Para implicar ao alumnado estradense nesta iniciativa e concienciar sobre unha alimentación de proximidade e respetuosa coa contorna, estamos a organizar un concurso creativo titulado “De onde comes?”
Invitamos ao alumnado a participar en 4 modalidades: debuxo, canción, poesía e narrativa. Todas as creacións deberán responder á pregunta “De onde comes?” e os centros educativos poderán elixir a(s) modalidade(s) na(s) que queren participar. No mes de Decembro incluiremos as creacións gañadoras nas nosas cestas, e faremos un acto de entrega dos premios.
En Camiño Circular, ¡comemos do rural!.
Obradoiro E ti, de onde comes? No CEIP de O Foxo.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































