A plataforma de comercio en liña da Estrada, MercaNaEstrada (www.mercanaestrada.gal),
abre as súas portas virtuais este xoves día 26. Dende hoxe, o público en xeral, xa poderá ter acceso ao mercado virtual que se oferta na plataforma, con distintos comercios e negocios que teñen os seus produtos á venda.
A data de hoxe, son 75 establecementos os que se poden visitar en www.mercanaestrada.gal e mais de 1.000 produtos os que se poñen á venda. Polo de agora, 11 de estos negocios, establecen a posibilidade de pago en liña e 21 aceptan entrega a domicilio.
Dende o departamento de Promoción Económica do Concello da Estrada, volve a facerse un chamamento a todos aqueles establecementos/comercios que aínda non se rexistraron, para que se animen a unirse a unha nova oportunidade de negocio que pon en valor o comercio de
proximidade do noso municipo. Especial fincapé, neste chamamento, aos produtores locais que, dun xeito moi sinxelo, poden inserir os seus produtos en mercanaestrada.gal e facer desta Plataforma en liña o seu escaparate.
O feito de abrirse ao público, aos potenciais clientes, agárdase que sexa unha motivación para todos aqueles negocios que aínda non se rexistraron e non están a facer uso desta ferramenta.
Cantos mais establecementos/negocios/comercios estén dispoñibles cos seus produtos na plataforma, mais atractiva será para as persoas compradoras e mais posibilidades haberá de por en marcha iniciativas que favorezan o comercio local, neste caso, o comercio local en liña.
Observarase a evolución na dinámica da plataforma nos vindeiros días para valorar a posta en marcha dalgún tipo de campaña de cara o Nadal, mediante descontos, bonos ou outras alternativas.
Lembramos que unha vez que un establecemento/comercio se rexistra terá que agardar á validación do Departamento de Promoción Económica, a cal adoita ser rápida, para poder comezar a operar ca súa tenda en liña. Na propia Plataforma www.mercanaestrada.gal está á disposición dos usuarios, varios métodos de soporte e axuda ante calquera dúbida, teléfono,
chat e mail. Ademais, tamén se está a ofrecer a posibilidade de soporte presencial para aqueles usuarios que persistan con dificultades á hora de poñer en marcha a súa tenda en liña, como xa se fixo, mediante visitas de axuda e asesoramento, en 22 establecementos.
Merca na Estrada, plataforma virtual de compra, abre hoxe 26 de Novembro as súas portas virtuais
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































