O teu corazón no comercio local, a asociación de comerciantes de A Estrada, ACOE, coa colaboración do Concello Estradense, colectivos e empresas de hostelería, pon en marcha o día 9 a súa campaña de Nadal, na que un total de 160 establecementos repartirán 200.000 rascas que conteñen 8.000 premios. “Coa campaña, este ano difícil queremos agradecer ao cliente do comercio de proximidade que grazas a eles estamos aquí, aínda que por desgraza algúns xa tiveron que pechar”, dixo na presentación o presidente de ACOE, Alfredo González. 
ACOE repartirá 200.000 rascas na campaña de Nadal
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































