A diferenza de anos anteriores, esta rolda de prensa non será para presentar unha programación de nadal no sentido tradicional do termo. A tesitura sanitaria na que nos atopamos provocou que nos vexamos a cancelar unha serie de actividades e a cambiar o formato doutras.
De entrada, o concelleiro d cultura Juán Constenla anticipa que este sábado día 19, cancélase o xa tradicional Festival de Fin de ano debido, debido tanto ás dificultades operativas do propio concerto coma á redución de butacas do Teatro Principal.
Por contra, o Obradoiro Carlos Barruso adaptará a súa exhibición de nadal a un formato reducido para actuar no Teatro Principal os días 26 e 27 de decembro ás 20.00 h.
Tamén se levará a cabo o programa de teatro infantil Colorín Colorado Nadal coas seguintes actuacións:
LUNS 28 (12.30 h): Monstros no camiño de Ghazafellos Teatro
MARTES 29 (12.30 h) 29: Pakolas en concerto
MÉRCORES 30 (12.30 h) 30: Catro de Caramuxo Teatro
SÁBADO 2 (12.30 h): Concerto de Magín Blanco e A Banda das Apertas
Ante a imposibilidade de celebrar as xa tradicionais Cabalgatas de Papa Noel e dos Reis Magos, este ano as recepcións de Papá Noel e de Reis terán lugar de forma telemática. Para iso, todos os nenos e nenas que así o desexen deberán reservar cita, rexistrándose na web do Concello.
Uns días antes, o luns e o martes da semana próxima, os paxes das súas maxestades visitarán os centros educativos da vila para felicitarlles as festas aos cativos.
A partir de mañá, todos os cativos e cativas que así o desexen poderán reservar a cita con Papá Noel e os Reis Magos, paro que será necesario cubrir o formulario que aparece na web elixindo a hora da chamada. Xa o día 24 de decembro e 5 de xaneiro, os rapaces deberán permanecer atentos ao teléfono durante a hora que solicitaron. A chamada por videoconferencia farase a través do whatsapp. Serán chamadas breves encamiñadas a atender ao maior número de rapaces posible. No caso dos irmáns, estes poderán ser atendidos xuntos.
Quero lembrar que todas as entradas para os eventos musicais e teatrais, agás a do sábado 2 de xaneiro, serán de balde. Os convites poderanse retirar nos días previos no departamento de Cultura.







































