Barruso un homenaxe virtual

O vindeiro luns día 21 cúmprese un ano do falecemento de Carlos Barruso, un home que deixou tras de si un importante legado, tanto polo seu traballo no mundo da música como pola forma na que afrontou os seus últimos meses de vida afectado dun cancro terminal. Coincidindo con esta data, o seu sobriño César Barruso, coa axuda de familiares e amigos do falecido músico organizaron unha “homenaxe virtual” que consistirá na proxección dun programa gravado no Teatro Principal da Estrada no que se mesturarán imaxes inéditas con actuacións de Barruso no seu último ano de vida, con outras gravadas para a ocasión.

Esta homenaxe foi presentada onte polo concelleiro de Cultura, Juan Constenla, xunto a dúas dos protagonistas deste programa, o propio César Barruso e Alberto do Pico.  A homenaxe virtual cun formato televisivo será emitido o vindeiro luns ás 21.00 horas na canle de Youtube de Carlos Barruso.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta