Cada ano A Estrada repasa a súa historia. Unha escolla de autores
comparten as súas investigacións, permitindo que o que aconteceu
onte se converta nun agasallo para hoxe e nun legado para mañá. Sucesos, xentes ou curiosidades da historia do municipio e a súa contorna
saen ao encontro do lector en cada un dos números de A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural, a publicación anual do Museo do Pobo Estrada que leva o nome do célebre Manuel Reimóndez Portela. O volume correspondente a este 2020 xa se atopa nas librerías. Por motivos sanitarios non haberá presentación pública, como acostuma o museo
antes de que remate o exercizo. Sen embargo, as dificultades deste ano
non impedirán que aqueles que gustan de mergullarse no pasado
da Estrada deixen unha nova pegada no camiño da Miscelánea para
que os fieis lectores desta publicación podan atopala coma sempre o
fixeron: entre o turrón e as uvas. Desta volta son 13 os artigos.
Foi presentada na mañá de hoxe no Consistorio Estradense polo Alcalde José López e o escritor Juán Andrés Férnandez, cunha tirada de 400 exemplares ca espera deque este vindeiro ano poida reabrirse o museo Estradense.







































