A Xunta de Galicia convoca as AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS VULNERABLES SEVERAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

A finalidade destas axudas é levar a cabo actuacións encamiñadas a paliar as dificultades
económicas nas familias galegas económicamente vulnerables deseñando un programa que lles
permita facer fronte ás facturas de electricidade.
O prazo de solicitude destas axudas ábrese mañá e extenderase ata 31 de outubro.
Os requisitos para acceder ás axudas son ter a consideración de consumidor vulnerable severo en
risco de exclusión social ( esta situación deberá ser acreditada polos Servizos Sociais, salvo no caso
daquelas persoas que sexan beneficiarias de Risga); ser beneficiario do desconto do 40% no bono
social e ser o titular do contrato de subministración eléctrica.
A axuda ten un alcance de ata o 50% do importe das facturas de electricidade ( o restante é
asumido polo desconto correspondente ao bono social) e ata unha cuantía máxima anual de 300
euros/ano ou de 450 €/ano no caso das familias numerosas.
O Concello da Estrada pon á disposición de todas as persoas interesadas, o departamento de
servizos sociais tanto para a tramitación das solicitudes como para a resolución de calquera dúbida
que teñan ao respecto. Así, poderán asesorarse na primeira planta do concello ou no teléfono 986
677 740.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta