O empeoramento da situación epidemiolóxica que está a sufrir a vila nestas últimas horas, levou ao Departamento de Cultura a anunciar a cancelación dos eventos previstos para as próximas dúas semanas.
Os eventos cancelados son Relatos negros, unha obra de teatro protagonizada polo actor Manuel Manquiña prevista para este venres no Teatro Principal, e a presentación do libro La puerta do escritor Manuel Loureiro, cuxa presentación estaba prevista para o vindeiro venres 29 de xaneiro.
A cancelación destes eventos súmase á cancelación xa realizada da programación cinematográfica do Festival de Cine PANIC. No momento en que a situación sanitaria mellore, anunciaranse as novas datas de celebración dos eventos.
Todos aqueles que teñan recollido o seu convite no departamento de Cultura, deberán retirar de novo o seu convite, unha vez que se abra o despacho de billetes para os eventos previstos.







































