As citas feirais manteranse na Estrada, pero con limitacións impostas pola COVID

As citas feirais manteranse na Estrada, pero con limitacións impostas pola COVID

O Concello da Estrada veuse na obriga de tomar medidas máis severas na organización dos mercados semanais. Así pois, ata o de agora, pese as restriccións fomos capaces de manter a totalidade dos postos regularmente asistentes, computando como espazo libre a trintena de postos que quedaron libres logo do proceso de regularización que o Concello fixo aplicando a ordenanza de mercados no que ten que ver ca perda da posesión do posto por causas tales como non asistir ou non pagar as taxas de ocupación establecidas por un período temporal longo.

Pese a manter esta medida como solución de consenso para lograr que os postos restantes poidan participar semanalmente, tras o ascenso moi considerado de casos, e as tan restrictivas medidas que nos afectan, tomouse a decisión de recuperar puntualmente as medidas anteriormente tomadas na reducción dos postos ó 50 %, priorizando a participación semanal dos postos de alimentación, e dividindo en dous grupos os de textil e calzado, que participarán quincenalmente durante estas feiras nas que duren as medidas que hoxe estreamos.

Así pois, manterase o servizo das polberías, pero só para levar, como así o indican as novas medidas que afectan á totalidade da hostalería.

Nembargantes, continúa con normalidade a actividade do Novo Mercado, punto de referencia do producto de calidade, fesco e de cercanía.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta