A XUNTA REFORZA A ATENCIÓN Á MULLER E AS ACCIÓNS DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, CONCILIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN EN IGUALDADE NAS BISBARRAS DE DEZA E TABEIRÓS-MONTES

A Xunta de Galicia vai reforzar a atención á muller e o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero, fomento da conciliación e sensibilización na igualdade ao longo do presente exercicio nas bisbarras de Pontevedra e Caldas.

Estas iniciativas foron abordadas nunha xuntanza telemática celebrada esta mañá entre a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, coas responsables dos 17 centros de información á muller (CIM) da área territorial, na que se abordou o seu funcionamento e a posta a disposición de diferentes recursos por parte do Goberno galego para o presente ano.

 

Así, a Xunta seguirá sostendo axudas e recursos para a atención a vítimas de violencia de xénero, como as prestacións económicas, asistencia psicolóxica e xurídica, a través dos CIMs, así como a Rede de Casas de Acollida de Galicia entre outros recursos. Neste punto, concretáronse as novas iniciativas para previr e invervir ante a violencia machista, como consecuencia da covid-19.

 

Ademais, tamén vanse reforzar os programas de conciliación da vida familiar e laboral e ábrese a posibilidade de establecer vías de colaboración nesta materia cos concellos ao tempo que se manteñen operativos os centros de acollida e se potencia a colaboración coa Rede Galega contra a Trata para atender situacións de especial vulnerabilidade.

 

O Plan de Reforzo tamén inclúe a ampliación do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, chegando a Xunta a asumir o 100% do seu custo, e a actividade, as 24 horas do día, da atención telefónica a través do número 900 400 273. Tamén permanecerá operativo o asesoramento xurídico en liña e as terapias de apoio piscolóxico, nas modalidades presencial, telemática e telefónica, para todas as mulleres, con especial relevancia para as vítimas de violencia sexual.

 

A Xunta destinou o pasado ano case 190.000€ ao mantemento de tres centros de información á muller, que atenden a cinco concellos -o de Lalín é compartido con Rodeiro e Agolada-, nas bisbarras de Deza e Tabeirós-Montes e tamén ao desenvolvemento de cinco programas de equidade, conciliación e sensibilización e de loita e prevención contra a violencia de xénero.

 

 

 

Axudas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

DEZA-TABEIRÓS-MONTES

Entidade

CIM

Conciliacion

Prevención

Sensibilización

TOTAL

A Estrada

38.843€

12.000€

 

 

50.843€

Forcarei

 

12.000€

 

 

12.000€

Lalín

52.000€

 

 

 

52.000€

Rodeiro

(Lalín)

 

 

7.986€

7.986€

Silleda

45.000€

12.000€

 

8.000€

65.000€

TOTAL

187.829€

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta