Dous contedores amarelos xigantes estarán expostos en Ourense actuando de expositores efémero que lle aprenderá á cidadanía como reciclar adecuadamente no colector amarelo e así superar o reto “Recicla e Supérate” promovido dende a entidade sen ánimo de lucro dedicada á reciclaxe e economía circular, Ecoembes en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Esta acción de impacto na rúa desenvólvese de simultaneamente nos 15 concellos galegos convocados nesta segunda edición do reto que ten como obxectivo último incrementar a conciencia de reciclaxe e seguir afianzando o hábito continuado entre a poboación.
O Reto: Recicla, respira e supérate.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración con Ecoembes, propuxeron esta segunda edición do reto a 15 concellos galegos estratéxicos, que comezou o
pasado 1 de febreiro, polo que terán que superarse a si mesmos e mellorar a súa achega ao contedor amarelo.
Este reto ten unha premisa sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos un 10% a porcentaxe da achega que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) no mesmo período do ano anterior, conseguirán un premio de 2.000 euros para dedicar a unha causa social local da súa elección.
O reto está convocado entre febreiro e abril nos 15 concellos que participan nesta primeira fase de carácter experimental. Concretamente, <<Recicla e supérate. Únete ao reto!>> desenvólvese en Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro y Cambados, municipios escollidos tras analizar as zonas nas que esta campaña pode ter maior impacto e pola súa representatividade, sumando entre todas preto de 700.000 habitantes.
A primeira edición, en 2018, convocouse igualmente entre 15 concellos galegos e 10 de estes superaron amplamente os obxectivos establecidos.
Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía
Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.
É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.
En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e será onde se publiquen os quilos recollidos cada mes de campaña en cada municipio.
Sobre Ecoembes
Ecoembes (www.ecoembes.com) é a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.
En 2019, recicláronse máis de 1,5 millóns de toneladas de envases de plástico, latas e briks e envases de cartón en todo o territorio nacional. Grazas a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou aforrar 6,36 millóns de MWh. Asemade, aforráronse 20,74 millóns de metros cúbicos de auga.






































