O Concello da Estrada a través da Concelleria de Promoción Económica, Emprego Comercio ven de aprobar un decreto en relación á prórroga por un ano dos contratos das persoas que ocupan un espazo dentro do viveiro de empresas

O Concello da Estrada a través da Concelleria de Promoción Económica, Emprego e
Comercio ven de aprobar un decreto en relación á prórroga por un ano dos contratos das
persoas que ocupan un espazo dentro do viveiro de empresas como medida de política
activa de emprego que promova o asentamento no noso municipio de actividade
empresarial e máis concretamente a daquelas persoas emprendedoras.
O ano 2020 foi un ano marcado pola pandemia da covid-19 e a conseguinte crise
económica derivada do impacto directo das medidas de restricción aplicadas polo estado
para deter a propagación do virus. Entre elas, destacan o peche de toda a actividade non
esencial así como as prohibicións de desprazamentos. Estas medidas tiveron un impacto
directo no funcionamento diario do viveiro de empresas e polo tanto da actividade
económica que desenvolven as persoas viveiristas, sendo que durante a meirande parte
do ano non puderon facer uso do espazo que tiñan cedido.
Segundo o establecido nas bases que rexen o funcionamento do viveiro de empresas, o
tempo de ocupación dun espazo é de dous anos prorrogables por un ano máis, é dicir,
unha persoa viveirista pode desfrutar do seu espazo un total de 3 anos sen posibilidade
de prórroga.
Atendendo as especiais circunstancias que marcaron o ano 2020 e as conseguintes
consecuencias económico-sociais, o goberno municipal ven de aprobar deixar sen efectos
en termos de prazos o ano 2020, dandolle así a posibilidade aos nosos emprendedores e
emprendendoras de ocupar o seu espazo durante 12 meses máis, é dicir, catro anos en
lugar de tres.
Deste xeito desde o Concello da Estrada, prenténdese botarlles unha man ás persoas
viveiristas, todas ellas emprendedoras de diferentes sectores, para na medida do posible
axudarlle a sobrelevar estos tempos tan duros para todos e todas.
A proposta tivo unha gran acollida por parte de todas as persoas que ocupan un espazo.
O viveiro de empresas dispón dun total de 10 espazos dos cales na actualidade están
ocupados 6, polo cal calquera persoa que esté interesada en entrar no mesmo só ten que
cursar solicitude ou requerir máis información do departamento de emprego municipal. O
custe por espazo está establecido en 50 euros mensuais, nos que se inclúen todos os
conceptos.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta