As entradas para Liberto xa poden recollerse no departamento de Cultura

O Departamento de Cultura do Concello da Estrada informa que desde este martes 18, xa
poden retirarse as entradas para o espectáculo que se desenvolverá este venres no
Teatro Principal ás 20.30 h, a un prezo de 5,00€.
Liberto da compañía Rebordelos converteuse por méritos propios no espectáculo máis
aplaudido e valorado polos espectadores galegos do ano 2020, sendo o espectáculo con
máis nominacións aos premios María Casares nos que se fixo cos premios á mellor actriz
e mellor música orixinal. Conta a historia de Ada, unha nai que ten a afrontar que o seu
fillo recén nacido ten una parálise cerebral severa. O elenco de actrices intégrano Rocío
González, Cris Iglesias, Lucía Aldao.
A entrada terá un custo de 5,00€ e poderá retirarse en horario de oficina, entre as 09.00 e
as 14.00 h, no departamento de Cultura ou media hora antes da función no despacho de
billetes do propio Teatro Principal.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta