Rapa das Bestas saca á venda este sábado
na súa web as entradas para os dous curros

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo
anuncia que pasado mañá sábado, a partires das 12.00 horas, sairán á venda a través
da páxina web www.rapadasbestas.gal as entradas para presenciar os curros do sábado
28 (18.00 horas) e do domingo 29 (12.00 horas). O prezo de cada entrada será de 11
euros máis gastos de xestión pola venda on line.
Desde a organización da Rapa sinalan que este ano “o aforo verase reducido
aproximadamente a un terzo do habitual por mor da Covid-19” e advirten de que non se
reservarán entradas para pór á venda nos despachos de billetes antes de cada curro.
Ademais, precisan que as entradas serán nominais e que o público que aceda ás
bancadas deberá respectar as distancias de seguridade establecidas e levar a máscara
durante todo o evento.
Por outra banda, a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo tamén ten aberto o prazo
de solicitude de acreditacións para os profesionais da comunicación que queiran
achegarse a cubrir esta tradición. Neste caso, poderán cumprimentar e enviar os
formularios existentes na páxina web da asociación ata o vindeiro martes día 24.
Ao respecto, o gabinete de comunicación sinala que “debido ás restricións da Covid-19,
este ano será inviable acreditar a tantos profesionais como noutras edicións para aceder
ao interior do curro, polo que se prega comprensión naqueles casos nos que non se
poidan aceptar as peticións”.

En relación coa presenza de medios e produtoras xa acreditadas, saliéntase que está
confirmada a presenza dun equipo de reporteiros da televisión pública da República
Checa, da produtora neoiorquina Cinexin Studios, da produtora coruñesa Mondotropo e
do equipo do diretor de cine Rodrigo Sorogoyen, que acudirá a Sabucedo a gravar
imaxes para súa nova película.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta