• O concurso mantén as bases con respecto a edicións anteriores.
• O fallo emitirase no mes de outubro
• O galardón tem unha dotación econômica de 1000€ e diploma
acreditativo)
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, fai públicas as bases
que rexeran a XXVI Edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez
Portela”. A presentación correu a cargo de Juan Manuel Constenla Carbón,
Entique Otero Fernández e José Manuel Bouzas Blanco, membros integrantes
do Comité de Seguimento do galardón.
As bases mantéñense inalterables con respecto á pasada edición, así, o
premio outorgaráse ao mellor traballo ou serie de traballos –ata un máximo de
cinco- publicados en língua galega, en calqueira médio de comunicación
escrito. A dotación económica do premio será de 1000 €. O prazo de recepción
de traballos, rematará o vindeiro dia 30 de setembro, ainda que, deberán estar
publicados antes do 29 de agosto. Os autores ou calqueira lector poderán
enviar un exemplar dos traballos nos que conste a data de publicación, o autor
e o médio de comunicación no que se publicaron.
O xurado cualificador, estará presidido pólo Concelleiro de Cultura e
igualmente integrado pólos vocales que o Comité decida no seu intre e por un
secretario con voz pero sen voto. A resolución do xurado será inapelable e
faráse pública no mes de outubro. O xurado resérvase a licencia de declarar
deserto o premio se os traballos presentados a concurso non reúnen o nível
necesario para alzarse co galardón.
A Fundación, resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados e
agarda repetir o éxito de participación de pasadas edicións, animando a todos
os escritores e xornalistas de Galicia a participar nun certame de recoñecida
fama en toda a Comunidade Autónoma galega.







































