O CONCELLO DA ESTRADA ACOLLE ESTE SÁBADO A I FEIRA DOS FROITOS VERMELLOS, UNHA INICIATIVA PIONEIRA PARA PROMOCIONAR O SECTOR GALEGO DOS BERRIES

O Concello da Estrada convertirase este
sábado, 11 de setembro, na capital dos berries galegos coa celebración da I
Feira dos Froitos Vermellos.
O evento celebrarase o sábado pola mañá no Novo Mercado da Estrada o foi
presentado está mañá no Concello da Estrada, organizador da feira, por Anxos
Pais, concelleira da Área de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira;
Óscar Durán, concelleiro da Área de Promoción Económica, Comercio e
Emprego; Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia, e José María Mira,
membro da asociación.
Na feira participarán seis empresas produtoras de froitos vermellos e tres
empresas que se dedican á elaboración de produtos con estos ingredientes,
ademais doutros axentes e representantes do sector.
En concreto, estarán Río Ulla SAT, da Estrada (fresa e arándanos); Frutos Finca
Tilleira, de Salvaterra do Miño (arándanos e produtos elaborados);
Biofruitgalicia, da Estrada (arándanos e produtos elaborados); Os Arandiños, de
Vilalba (arándanos e productos elaborados), e Adrián Crespo, de Carral (fresas).
Outros colaboradores con posto serán a pastelería Mimela (A Estrada),
especialista en repostería artesanal que levará para a venda dous trampantollos
de fresa e arándanos; Maruxío (A Estrada), obrador de galletas ecolóxicas.
Presentará na feira dous produtos novos no mercado: pastas con licor café e
arándanos, e tarta de hoxaldre con mazá da Estrada e arándanos; e A Casa do
Pan (A Estrada), que traerá dous tipos de tarta de queixo con arándanos.
A firma Ecoarándano (Santa Comba) apoia tamén a feira pero non estará
presente con posto porque agora mesmo non teñen produto. Se adican ao
arándano e os physalis -que chegarán a finais de mes-.
Tanto o concello como Berries Galicia destacan que outros produtores galegos
respaldan a iniciativa, pero debido á meteoroloxía tan cambiante os seus froitos
víronse prexudicados polas xeadas e non poden participar pola falta de produto.
“Na Estrada tivo lugar a presentación oficial de Berries Galicia, porque no noso
concello están asentados algúns dos produtores galegos e existe unha

arraigada tradición en torno ao cultivo dos froitos vermellos, polo que esta feira
é un paso máis no noso apoio á asociación”, afirmou na rolda de prensa Óscar
Durán.
Pola súa parte, Anxos Pais considerou fundamental que “os concellos apoiemos
a sectores galegos e locais con potencial como o dos froitos vermellos, que leva
moitos anos traballando para ofrecer ao consumidor un produto de alta
calidade”.
O Concello da Estrada organiza esta primeira feira da asociación e está a
colaborar cos produtores noutras cuestións, como a cesión dun local situado no
viveiro de empresas.
Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia, explicou que na feira os
asistentes “poderán coñecer de primeira man os nosos produtos, como fresas,
arándanos, frambuesas, grosellas e mouras, entre outros, e tamén a propia
asociación, a primeira de produtores galegos de froitos vermellos”.
“O sector crea riqueza en zonas rurais que non teñen agora mesmo outras
opcións e a asociación é importante desde o punto de vista do aporte técnico e
anímico para os produtores”, apuntou José María Mira.
Por outra parte, establecementos da asociación ‘Hostaleiros da Estrada’
ofrecerán tapas e pinchos nos seus locais durante a xornada para apoiar e
potenciar a produción e o consumo de berries galegos. A día de hoxe, están
inscritos na iniciativa os locais Nolis, O Lar, Samana, Andalucia e Argentinos.
Sobre a Asociación
Berries Galicia é a primeira asociación de produtores galegos de froitos
vermellos. Vende directamente ao consumidor e aos mercados maioristas para
ofrecerlles un produto autóctono, sostible e de alta calidade, tanto de
agricultura ecolóxica como convencional.
O colectivo, de recente creación, está especializado nos froitos vermellos
galegos como fresas, arándonos, frambuesas, grosellas e mouras, entre outros.
Preto dunha vintena de asociados con plantacións na Estrada, Lalín, Silleda,
Dodro, Teo, Vilalba, Santa Comba, Carral… suman forzas coas súas máis de 20
hectáreas de produción nun sector ata o de agora copado por grandes
empresas foráneas e multinacionais.
Na actualidade, os asociados proceden de tres provincias: A Coruña, Lugo e
Pontevedra. O seu obxectivo é ofrecer un produto galego e de alta calidade
para chegar ao cliente final pero tamén poder abastecer tanto mercados
maioristas e polo miúdo galegos como grandes mercados estatais, como Merca
Madrid, Merca Barcelona ou Merca Zaragoza -cos que se atopan en fase de
negociación-.

Tamén están a contactar para distribuílos nas Illas Canarias. Berries Galicia
traballa para proporcionar produto fresco en menos de 24 horas en calquera
destes mercados, dando resposta á falta de infraestruturas loxísticas que sofre
o sector.

Cada ano producen uns 14 toneladas de arándanos e 12 toneladas de fresas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta