O alcalde da Estrada, José López, e a concelleira de Educación, Amalia Goldar, visitaron o CEIP de Oca para facer un seguemento das obras que se están a realizar no centro educativo e para comprobar as medidas de seguridade para evitar os contaxios de covid-19.

Durante a visita, López e Goldar interactuaron cos rapaces e rapazas, contentos de iniciar as clases dun novo curso escolar.







































