A pediatra Eva García, coordinadora Covid do Centro de Saúde para os centros
educativos do Concello impartiu hoxe, no Salón de Plenos estradense, unha charla
dirixida ás escolas deportivas municipais e ás escolas da Fundación Cultural, ante a
inminente apertura do curso 2021-2022.
A dita charla deu a coñecer as medidas esenciais do protocolo de adaptación ao contexto
da Covid-19 nas actividades extraescolares para o presente curso, incidindo nas medidas
a tomar diante dun posible gromo.
Ademais, falouse das medidas xerais de hixiene, protección individual e colectiva, así
coma da aplicación destas medidas nos diferentes contextos de cada actividade.
Finalmente, acordouse manter un contacto permanente durante o curso lectivo entre os
monitores das distintas actividades e as coordinadoras do Centro de Saúde da Estrada
para solventar dúbidas, ou adaptarse a calquera posible cambio da situación sanitaria.
O servizo de coordinación COVID do Centro de Saúde da Estrada imparte unha charla ás
escolas municipais para dar a coñecer o protocolo Covid19 do curso escolar 21-22
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































