O Teatro Principal estradense acollerá o 14 de novembro o XIV encontro folk ‘Lume na Lareira’

O municipio estradense repetirá este ano o exitoso festival de folk Lume na Lareira, un encontro que chega á súa XIV edición e que coincide co 20 aniversario da asociación que leva o mesmo nome. A cita será o 14 de novembro, a partir das 18.00 horas, no Teatro Principal.

As entradas terán un coste de cinco euros, e a partir deste mesmo luns poderanse adquirir no Mesón da Estrada ou no departamento de Cultura do Concello.

Será presentado, unha vez máis, polo xornalista da TVG Jacobo Pérez, e os grupos que porán música a este festival serán Cans de Palleiro (Bembrive, Vigo), Cristo Cristini Crucianelli (Bulgaria-Madrid), Pacheco (TVG), o grupo de concertinas Pedrosini (Portugal), Os Alegres (Pontevedra), e a propia agrupación Lume na Lareira, que porá o broche de ouro ao festival. Así mesmo, Juan Ruibal, integrante de Lume na Lareira e organizador do festival anunciou que haberá unha gran sorpresa: un artista invitado que actualmente está considerado das mellores voces de Galicia.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta