Tras o éxito da súa primeira edición, O Son dos Arrieiros foi quen de abrirse oco entre os
finalistas dos Iberian Music Awards que se celebrarán o vindeiro 26 de marzo en Lisboa.
Compite nas categorías de ‘mellor festival’, ‘mellor novo festival’, ‘mellor festival en
interior’, ‘mellor programación cultural complementaria’ e ‘mellor contribución a
sustentabilidade’ e ‘mellor fotografía de festival’.
Os premiados están sometidos á votación popular na web do certame. O resultado darase
a coñecer o 22 de marzo. Os premios entregaranse nunha gala que terá lugar o vindeiro
26 de marzo en Lisboa.
Os Iberia Music Awards outórganse aos mellores festivais, artistas, patrocinadores e
medios de comunicación de toda a Península Ibérica, grazas aos votos do público e dun
xurado oficial.
Inclúense no marco do Talkfest, un congreso que ten por obxectivo ser o punto de
encontro de profesionais do sector para reflexionar mediante un conxunto de conferencias
e relatorios, sobre o estado da industria musical, tanto a nivel nacional como internacional
que se celebrará durante o mes de marzo en Lisboa.
O Son dos Arreiros 2021 tivo lugar o 29 e 30 de outubro na Estrada. A organización está a
traballar na súa segunda edición que comezará a presentar nos vindeiros meses.
O Son dos Arrieiros opta a seis premios nos iBERIAN MUSIC AWARDS
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































