O pasado 6 de Setembro foi publicado no BOP, Boletín Oficial da Provincia, o ansiado Plan Xeral estradense. O alcalde, Don Xosé López, acompañado do equipo de goberno destacou que esta data ía quedar marcada en vermello no calendario despois do traballo realizado polas distintas corporacións para sacar adiante este plan.
O rexedor quixo agradecer a todos os que traballaron para conseguir a aprobación deste texto, ao equipo redactor, aos técnicos municipais, a Secretaria Xeral de Urbanismo Encarnación Rivas, ao conselleiro Agustín Hernández e ao equipo de goberno.
López anunciou o comezo dunha campaña informativa, “A Estrada xa ten Plan”, para achegar o documento aos veciños que xa poden solicitar licencias de acordo a nova normativa.
Do novo plan destacou que recolle solo edificable para 3000 novas vivendas no rural e 7000 no núcleo urbano, novas bolsas de solo industrial, a ampliación da alameda, unha circunvalación en conexión coa variante proxectada na estrada N-640,…
Ademais da campaña informativa, todos os que queiran acceder ao plan poden facelo a través da web do concello, www.aestrada.com. O rexedor agradeceu o gran traballo realizado pola estrada dixital para por a disposición dos veciños o documento na rede, onde destacou a sinxeleza da web para acceder aos contidos.
Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras






































