Tras o reconto dos votos realizados telemáticamente, O Son dos
Arrieiros compite cos mellores festivais da Península Ibérica para
alzarse coas categorías de mellor festival mellor novo festival mellor festival en interior mellor fotografía de festival.
Tras o éxito da súa primeira edición, O Son dos Arrieiros, programado no concello
da Estrada, foi quen de abrirse oco entre os dez finalistas de cada categoría dos
Iberian Music Awards que se celebrarán o vindeiro 26 de marzo en Lisboa.
Compite nos apartados de mellor festival mellor novo festival mellor
festival en interior mellor fotografía de festival
O resultado darase a coñecer o 22 de marzo. As candidaturas están agora
sometidas a debate dun xurado profesional formado por recoñecidos profesionais
do sector da península.
Os Iberia Music Awards outórganse aos mellores festivais, artistas, patrocinadores
e medios de comunicación de toda a Península Ibérica, grazas aos votos do
público e dun xurado oficial.
Inclúense no marco do Talkfest, un congreso que ten por obxectivo ser o punto de
encontro de profesionais do sector para reflexionar mediante un conxunto de
conferencias e relatorios, sobre o estado da industria musical, tanto a nivel
nacional como internacional que se celebrará durante o mes de marzo en Lisboa.
O Son dos Arreiros 2021 tivo lugar o 29 e 30 de outubro na Estrada. A
organización confirma que haberá unha segunda edición, cun plantexamento
innovador que se presentará nas próximas semanas.






































