NOTA DE PRENSA
O CONCELLO DA ESTRADA COMEZA A DESPACHAR AS ENTRADAS DE RAFA MAZA, YLLANA E ROBERTO VILAR

 
 
Xa se poden retirar, desde este luns día 7 de marzo, as entradas para algún dos eventos que van ter lugar nas vindeiras semanas no Teatro Principal da Estrada. En concreto, as do cómico RAFA MAZA que aterrará co seu espectáculo Fabiolo Conection no Principal este venres día 11, e que leva tres anos agotando as localidades na Sala Alfil de Madrid. As entradas venderanse a un prezo de 5.00€. Tamén se poden retirar xa os convites para o parladoiro con ROBERTO VILAR que  terá lugar o venres 18 de marzo no mesmo teatro. Por último, tamén poden adquirirse as do espectáculo Primitals da compañía YLLANA, previsto para o venres 1 de abril, que terán un custo de 10.00€. No apartado local, tamén están a disposición do público os convites para o concerto da Banda Municipal da Estrada, que terá lugar este vindeiro sábado 12 de marzo. 
 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta