A hostalería estradense ofrecerá 41 receitas
diferentes na XLVIII Festa do Salmón

O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán,
xunto coa presidenta da Asociación de Hostaleiros da Estrada, Adriana Abelleiro,
anunciaron esta mañá as 41 propostas gastronómicas dos locais estradenses coas que
contará a XLVIII Festa do Salmón grazas ás xornadas de tapas e á degustación popular.
Durante o venres 13 e o sábado 14 de maio, de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas,
participarán nas xornadas de tapeo 21 establecementos con cadansúa tapa co salmón
como protagonista a 2,50 euros. O venres, o Samaná ofrecerá unha Mariñeira de chía con
guacamole, salmón marinado na casa, queixo brie e noces; o Lar, un Crocante de pataca
con salmón afumado e crema de ceboliño; A Taberna da Feira propón un Tartar de
salmón con mousse de aguacate e algas wakame, acompañado dunha croqueta de
salmón e salsa Noruega; Amadeus, un Salpicón de salmón con aguacate en tosta de pan
de sementes; A Bodeguiña, unha Primavera de salmón; O Candil de Silvia servirá Salmón
marinado á lima e á menta; a proposta da Taberna Navegación será unha Ensalada de
salmón, tubérculo e fresa; a do 20 Berzas, unha Tosta de salpicón de salmón en vinagreta
de mostaza; a do Bar Enredo, Salmón á laranxa; A Bombilla ofrecerá unha Tosta con
queixo, salmón marinado e vinagreta con froitos secos; a Cervexería Eureka, un taco de
salmón con berberechos e salsa de porro; e o Velis Nolis Bistró, unha Gilda de salmón.
Completarán a oferta de tapas os locais que participarán o sábado 14 coas seguintes
propostas: O Café de Xulia presentará un Roliño de salmón; o Ananás, Gazpacho de
aguacate con salmón e ceboliño; o Gran Vía, unha vieira de salmón con piña; O Mesón
ofrecerá a tapa J. Valfresco; O Paseo, Tacos de salmón con gambas e ameixas; a proposta
do Bar Oasis será un Pastel de salmón; o Malo Será elaborará un Salmón 2.2; O Bodegón,
Salmón afumado con compota de mazá; e o Andalucía, Canelón de salmón.


Na degustación popular, que se celebrará o domingo 15 de maio entre as 12.00 e as 15.00
horas na Praza do Novo Mercado, participarán dez establecementos e cada un deles
ofrecerá o salmón cociñado de dúas maneiras diferentes. O Valenciaga cociñará Salmón
en ceviche de Guanajato e Taco de salmón con guacamole e cebola vermella encurtida;
O Asador de Leo ofrecerá Tortilla de salmón e Salpicón de salmón; Cervela participará
con Cañitas de salmón con verduras e cunha Empanadilla de salmón, mexilón e algas
shiitake; A Casa do Pan cociñará Empanada de salmón e verduriñas e Bizcoito
aromatizado con romero e maldon enrolando un cremoso de salmón; Os Peares,Croquetas de salmón e Ensalada de arroz con salmón afumado; A Bombilla, Ensalada de
pataca e salmón e Salmón en escabeche de cítricos; o Malo Será participará con Salmón
ao Couto de Ximonde e con Pastel de salmón; o Velis Nolis Bistró, con Gildas de salmón
e Crocante de alga nori e sésamo picante con salmón marinado; as propostas de Mr. Pizza
serán unha Pizza branca de salmón e gambas e un Taco de alga nori con salmón, aguacate,
arroz, edamame e sésamo; e o Ananás ofrecerá Albóndigas de salmón con arroz
especiado e Timbal de salmón afumado con froitas tropicais. As bandexas, de dúas
racións, terán un custo de 5 euros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta