O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, anunciou esta
mañá que a gaiteira Susana Seivane será a encargada de dar o pregón, dentro dos actos
sobre os que xirará a celebración do Día das Letras Galegas na Estrada os días 16 e 17 de
maio.
As actividades comezarán o luns 16 de maio ás 20.30 horas no Teatro Principal, coa
representación de balde “Tras os vieiros de Florencio”, da compañía Fantoches Baj, que
amosará a traxectoria persoal e a obra do autor homenaxeado este ano, Florencio
Delgado Gurriarán.
O martes 17 de maio, ás 12.00 horas na alameda municipal, terá lugar o tradicional acto
institucional coa lectura do pregón a cargo da gaiteira Susana Seivane e a ofrenda floral
diante do monumento dos irmáns Valladares, na que participará o alcalde da Estrada,
José López. Alí mesmo, a continuación, haberá unha actuación musical da Banda de
Gaitas de Barbude.
A Estrada celebrará o Día das Letras Galegas coa
gaiteira Susana Seivane como pregoeira
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































