A Rapa das Bestas de Sabucedo 2022 xa
esperta interese en medios de sete países

• Fotógrafos e produtoras de Corea do Sur, China, Estados Unidos, Reino Unido,
Alemaña, Portugal e de diferentes puntos de España xa están acreditados para
cubrir esta tradición declarada de Interese Turístico Internacional en 2007
• As entradas para presenciar no curro as “rapas” do sábado 2 de xullo (19.00 horas),
domingo 3 (12.00 horas) e luns 4 (12.00 horas) só poden comprarse a través da
páxina web www.rapadasbestas.gal
• O Festival RapaSons inclúe unha quincena de actuacións musicais, entre as que
figuran Treixadura, O caimán do río Tea, Combo Calada e Zënzar

O Museo Estrella Galicia (MEGA) acolleu hoxe a presentación
na Coruña da programación de actividades da Rapa das Bestas de Sabucedo 2022, que se
celebrará nesta parroquia estradense entre os vindeiros días 30 de xuño e 4 de xullo, e que xa
conta cunha trintena de profesionais da comunicación acreditados procedentes de sete países:
Corea do Sur, China, Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Portugal e España.
A Rapa das Bestas de Sabucedo 2022 recupera a súa normalidade despois de dous anos
atípicos por mor da pandemia, xa que en 2020 non se puideron rapar as bestas no curro e en
2021 a data de celebración cambiouse da primeira fin de semana de xullo para finais do mes de
agosto. “A pandemia foi difícil e queremos volver con todo, con forza”, asegurou o presidente da
Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo Vicente Monteagudo, que cualificou esta
edición como “un rexurdir, un volver á vida, á esencia”.
“Somos unha aldea pequena e é difícil seguir con esta tradición, na que o cabalo galego de
monte é a esencia e o máis importante”, salientou antes de agradecer a colaboración de todas
as administracións públicas e de patrocinadores como Estrella Galicia: “Forma parte da esencia

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta