Fillos e amigos da Estrada 2022

Sr. Alcalde do Concello da Estrada, José Lopéz Campos, Sr. Director Xeral de
Politica Linguista, Valentín García Gómez, Sr. Deputado Juan Constenla
Carbón, concelleiros, representantes da asociación de Terra de Montes e da
Irmandade de Padrón, compañeiros da directiva de Fillos e Amigos da Estrada,
señoras e señores: moi boas tardes.
Pouco a pouco, imos recuperando a normalidade sanitaria, grazas o cal é
posible que nos xuntemos nesta data, aquí, diante do monólito a Marcial
Valladares, para renderlle homenaxe as persoas que formaron parte da inmensa
familia de Fillos e Amigos da Estrada ao longo das máis de catro décadas de
existencia. Todos eles, dalgún xeito, son responsables do camiño percorrido,
dos éxitos e da pervivencia do espíritu dos seus fundadores.
En primeiro lugar, quero ter un agarimoso recordo para os compañeiros que nos
contemplan desde o Ceo, comezando por José Ramos Durán, “Cholín” para
moitos de nós, recentemente falecido, ilustre avogado, cofundador e membro
directivo da Asociación, na que participou moi activamente, redactando
inclusive os estatutos da mesma.
E para o fundador e “alma mater” da Asociación, Alfonso Varela Durán,
presidente exercente ata o último alento, cun entusiasmo sin límites, cunha
bonhomía agarimosa e un “estrandensismo” tan xeneroso, que era como un
enorme paraugas no que cabiamos todos os que tiñamos algo que ver con esta
terra.
Tamén para outros membros da Asociación que nos foron deixando ó longo dos
anos, pero que permanecen na memoria e nos nosos corazóns, tales como, José
Porto Matalobos, José Pérez Fráiz, Luís Muñiz Otero, Manuel Souto Ulla, Luis
Reimóndez Fernández, Silverio Chao Iglesias, ou o mestre Olimpio Arca
Caldas, que foi quen de facer as presentacións mais fermosas de moitos dos
nosos premiados.
Así mesmo quero saudar con agarimo a María Dolores Araujo Arias, “Noni
Araujo”, que tamén foi cofundadora e membro directivo da Asociación, o igual
que Pedro Leis Camba e Manuel Docampo Pego, na que aportaron moito
traballo e sentido común. Longa vida para todos eles e para nos.
Para rematar, solo me resta dicir que a ofrenda neste lugar quere simbolizar o
respecto e admiración que temos por aqueles estradenses que como Marcial

Valladares e a súa irmá Avelina, escribiron páxinas fermosas da nosa historia e
levaron o nome da Estrada con orgullo polo mundo.
O igual que aquelas persoas, estradenses de corazón, que sin ter nacido na
Estrada traballaron para ela, colaboraron nos seus proxectos, ou fixeron dela o
seu fogar.
Na nómina de mais de 200 premiados ao longo dos anos temos un reflexo fiel
do potencial que ten o nosa comarca nas mais diversas actividades: persoas con
un curriculum brillante, pequenas ou grandes empresas, asociacións,
comerciantes, etc. Todos tiveron cabida porque todos aportaron excelencia a
nosa sociedade, tal como relatou nun fermoso artigo titulado “ O ronsel de
Fillos e Amigos da Estrada”, Alfonso Varela Román, Alfonso Varela “fillo”,
que foi publicado nos diarios do pasado día a12.
E que para cando isto mellore, aquí estaremos, Dios mediante, co xantar
multitudinario habitual incluído, outra vez máis, para recoñecer os que a día de
hoxe seguen a esforzarse, a traballar e a darlle mais pulo a este concello, do que
nos sentimos honrados de ser fillos.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta