Sabucedo despide a Rapa das Bestas 2022
despois de aloitar 210 bestas en tres días

A Rapa das Bestas de Sabucedo despediuse
hoxe ata xullo de 2023 despois de que os aloitadores raparan no curro un total de 62
bestas nunha cita sen incidencias de gravidade e completando un total de 210
exemplares rapados en tres días.

Esta terceira e última cita no curro, que encheu máis de dous terzos do aforo, volveu
ofrecer imaxes espectaculares dos aloitadores cos cabalos e saldouse con 34
intervencións dos servizos sanitarios para atender golpes, pisotóns e contusións de
carácter leve.

A novidade deste xornada foi que o graderío do curro volveuse encher a partires das
19.00 horas para asistir á gravación da última parte do programa “Volando Voy”, de
Jesús Calleja, que contou con varios convidados locais que arrincaron as risas do público
cos vídeos protagonizados nos últimos días

Entre eles atopábase o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo
Vicente Monteagudo, que salientou ao remate desta xornada “a alegría de poder volver
compartir a rapa coa xente”.

A tradición rematará mañá, previsiblemente a última hora do día, coa solta das bestas
ao monte para que poidan vivir en liberdade ata a rapa do ano que vén e despois de que
sexan sometidas a unha inspección sanitaria na zona do Cubillón, onde descansarán esta
noite e onde se atopa a manga fabricada coa colaboración do programa de Jesús Calleja.

GALERÍA RAPA SABUCEDO 2022 BÚSCATE: 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta