O goberno local levará mañá á Mesa de Mobilidade o
proxecto de novas humanizacións no casco urbano

O Concello da Estrada celebrará mañá, ás 19.00 horas, unha
nova Mesa de Mobilidade na que se debatirán as propostas de novas humanizacións no
casco urbano, derivadas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS).
Durante a sesión, na que participarán representantes do goberno local, do resto de
grupos políticos, de técnicos, de membros da ACOE, da Asociación Comarcal de
Empresarios (ACE) e da Asociación de Hostaleiros da Estrada, debatirán varios proxectos
que “xorden a raíz da recente peonalización de varias rúas da vila”, explicou o edil de
Urbanismo, Gonzalo Louzao, aos que se sumarán “outras actuacións proxectadas de cara
o futuro para continuar aplicando o PMUS”.
Unha das propostas que se levará á mesa será a peonalización do treito da Avenida de
Ponteareas entre a rúa Baiuca e a Porta do Sol, vía que quedou sen saída logo da
humanización da Porta do Sol. Esta actuación conlevaría a anulación da parada de taxis
ubicada na Avenida de Ponteareas, polo que Louzao xa contactou cos taxistas da Estrada
para buscar unha alternativa e chegaron a un acordo para instalar a nova parada no cruce
entre a Avenida de Fernando Conde e a Avenida Leicures. Louzao asegurou que os
taxistas “valoraron positivamente este novo emprazamento por atoparse próximo á súa
ubicación habitual e moi preto da Praza da Feira”.
Outra das rúas sobre a que se planificarán novas actuacións será o treito da rúa Justo
Martínez entre a rúa San Antón e a Calvo Sotelo. A intención do goberno local é asfaltar
o vial e elevalo á mesma altura ca as beirarrúas para conseguir unha plataforma única e
igualar este treito co outro da mesma rúa, entre a Calvo Sotelo e a Irida, sobre o que o
Concello actuou recentemente.

Contacto: Santiago Cacheiro | santi.cacheiro@somoswecom.com | 698 19 63 10
Ademais, a Mesa de Mobilidade tamén abordará o proxecto para a regulación do tráfico
na Travesía da Feira, situada entre a rúa Irmáns José e Severino Trigo e a rúa 25 de Xullo.
Para iso, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, contemplarase a anulación dunha
das zonas de estacionamento a ambos lados da rúa co obxectivo de facilitar o tránsito de
vehículos para acceder á Carballeira da Feira e mais aos garaxes. Louzao afirmou que
“esta actuación non suporá ningún problema, xa que o goberno local vén de aumentar
2.000 metros cadrados de aparcadoiro gratuíto” grazas ao arrendamento da finca situada
entre a Travesía da Feira e a rúa 25 de Xullo.
O edil de Urbanismo engadiu que “unha das prioridades do PMUS é a de facer camiños
escolares seguros”. Neste eido, durante a reunión comezaranse a artellar actuacións
futuras como a ampliación das beirarrúas dende a Praza de Galicia ata o CEIP Pérez Viondi
para facilitar o tránsito de pais, nais e menores.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta