O alcalde da Estrada visita o Campus Deportivo de
Verán para a clausura da súa primeira quenda

O alcalde da Estrada, José López, visitou esta mañá a praia
fluvial de Liñares para acompañar aos asistentes ao Campus Deportivo de Verán durante
a clausura da súa primeira quenda, na que participaron 196 nenos e nenas.
Deste campamento, ofertado polo Concello para facilitar a conciliación das familias e
mellorar os valores asociados ao deporte nos participantes, estanse a beneficiar durante
o mes de xullo un total de 360 menores de entre 5 e 16 anos, divididos en dúas quincenas.
O vindeiro luns dará comezo a segunda quenda con 183 menores inscritos, e para o día
28 de xullo está programada unha visita ao Aquapark de Cerceda.
Dende o Departamento de Deportes, que dirixe Ismael Pena, informaron de que aínda é
posible anotarse para as dúas quendas que se desenvolverán durante o mes de agosto,
para as que existen prazas libres logo de inscribirse 107 menores. Para facelo, poderán
presentar as solicitudes a través da sede electrónica do Concello da Estrada ou de xeito
presencial, na oficina do Rexistro do Concello.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta