O Concello inicia o procedemento de contratación
das obras para renovar a sinalización do casco urbano

A Xunta de Goberno Local do Concello da Estrada
vén de aprobar o inicio do procedemento de contratación para a execución das obras de
mellora integral da sinalización no casco urbano, proxectadas cun orzamento de
292.100,90 euros.
Con esta actuación, que será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de
Pontevedra, o Concello ten como obxectivo a mellora de todos os sinais de dirección, de
tráfico e de rúa na totalidade do casco urbano da Estrada. Para iso, substituiranse todos
os sinais existentes, na súa meirande parte en mal estado ou obsoletos, e instalarase a
nova sinalización empregando un único material para conseguir unha imaxe homoxénea.
Os traballos conlevarán a instalación de máis de 600 novos sinais nas rúas do casco
urbano, que inclúen: sinais de código, entre os que se atopan elementos como sinais
triangulares, circulares, cadrados, octogonais, placas complementarias e sinais con
indicacións xerais; e sinais de dirección, compostos por sinais indicativos de rúas simples,
dobres, e sinais verticais con unha, dúas ou tres placas. Todos eles estarán formados por
un poste circular e sinais de caixón pechado de aluminio.
Unha vez iniciada esta actuación no casco urbano, nas vindeiras semanas tamén está
previsto comezar coa licitación do proxecto de mellora integral da sinalización no rural,
para o que se empregarán 814.084 euros e extenderá estas actuacións ás 51 parroquias
estradenses. Os traballos que se contemplan no rural inclúen o cambio dos sinais de
dirección, de comezo e de fin de parroquia, e de lugar na totalidade de lugares da Estrada,
ademais da instalación de 61 paneis informativos con datos de cada parroquia e a
colocación de novas placas co número da cada vivenda

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.