Con este proxecto de baile tradicional galego o que se pretende non so é que
os rapaces e rapazas, entre idades de trece a dezaseis anos, coñezan a
cultura tradicional galega senón tamén a importancia que ten dentro da súa
evolución tanto a nivel psicomotor como a nivel psicoevolutivo.
O enfoque que se pretende dar a este traballo e didáctico e pedagóxico.
A metodoloxía que utilizaremos, e partir sempre dos coñecementos previos que
ten o alumnado para que todo aquelo que se vai ensinando teña un sentido e
unha comprensión por parte do alumnado.
Coa aprendizaxe do baile tradicional o que fomentamos no alumnado é:
– Coñecemento corporal.
– Equilibrio.
– Lateralidade.
– Segmentación corporal.
– Coordinación e control postural
– Automatización de movementos.
– Coordinación oculo-espacial.
– Espacio auditivo.
– Creatividade.
Todo isto conseguirase a través dunha serie de pasos-estructuras ( un,dous,
tres sen cruzar os pés, picados por diante e detrás, adiante-atrás……) que
iremos traballando ao longo dos talleres.
O fin último é que o alumnado aprenda a crear os seus propios puntos e
entenda o que está a facer co seu corpo.
Temos que partir da base que o baile tradicional galego é un baile que se baila
en parella e en grupo polo tanto tamén se vai traballar o compañerismo, o
respecto, a solidariedade, a convivencia… digamos que van ter que estar
perfectamente compenetrados para poder facer os bailes e que uns dependen
de outros para levalos a cabo.
2. Obxectivos a traballar
– Coñecer o seu propio corpo.
– Escoitar o ritmo.
– Afianzar e traballar o equilibrio, automatización de movementos,
creatividade.
– Traballar a lateralidade, equilibrio, control e coordinación corporal e
oculo-espacial, espacio auditivo.
– Aprender a manexar os movementos dos pes.
– Comprender os movementos que se realizan.
– Coñecer e investigar sobre a cultura popular galega
– Aprendemos un, dous, tres, sen cruzar e cruzado.( picado por diante e por
detrás)
– Aprendemos salto, abaixo, arriba sen cruzar e cruzado por diante e atrás
(adiante-atrás)
– Facemos os movementos cos brazos arriba.
– Bailamos en grupo.
– Aprendemos as diferentes estructuras dos bailes (fila, roda, fila movida nos
espacio, peche de rodas, apertura de rodas)
– Creamos os nosos propios puntos, e baile.
– Coñecemos a cultura popular galega.
As sesións constarán aproximadamente dunha hora, que se desnvolverán ao
longo de dous meses.
Levaráse a cabo a través da observación e pretenderase que o alumnado
explique os movementos que vai aprendendo.







































