Tequexetéldere actuará este venres 13 de xaneiro ás 20,30h no Auditorio de Vilagarcia compartindo escenario coa Banda de Música Municipal de Santiago e o Coro Liceo de Vilagarcía que representarán “A Lenda de Montelongo”.

Despois do Concerto de Aninovo no Pazo da Cultura de Pontevedra coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra dirixido pola directora murciana Isabel Rubio onde se esgotaron as case 800 localidades, Tequexetéldere actuaremos este venres 13 de xaneiro ás 20,30h no Auditorio de Vilagarcia compartindo escenario coa Banda de Música Municipal de Santiago e o Coro Liceo de Vilagarcía que representarán “A Lenda de Montelongo”.

A Lenda de Montelongo” é unha das poucas zarzuelas galegas, da autoría de Bernardo del Río Parada sobre libreto de Manuel Posse e Juan Buhígas Olavarrieta. Un recipiente escénico onde converxen con protagonismo o idioma galego, a música folclórica galega, o baile tradicional, e a nosa idiosincrasia cultural en todo o seu esplendor. A obra foi estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1924 e forma parte do movemento cultural e político que percorría Galicia nos primeiros anos do século XX.

Esta zarzuela interpretábase por última vez en Vilagarcía no 1953 e retómase este ano con 2 actuacións en Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela 70 anos despois.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.