Os monologuistas José Corbacho e Luis Piedrahita poñen as súas
entradas á venda para as funcións que ofrecerán no Teatro Principal da
Estrada

A Estrada volverá apostar polo humor esta primavera. Será da man de dous dos artistas
nacionais máis recoñecidos no ámbito da stand up. Concretamente, o sábado 18 de
marzo ás 20.30h, José Corbacho traerá ao Principal o seu monólogo Ante todo mucha
calma, unha montaxe onde Corbacho se ri dos seus fillos, da súa muller, dos seus pais,
do seu can, dos nosos gobernantes, das nosas celebrities e ata de si mesmo. É un
espectáculo non recomendado para menores de 16 anos que non deixa títere con cabeza.
As entradas poderán mercarse a partir deste xoves día 12 de xaneiro na web woutick.es
ou presencialmente no departamento de Cultural do Concello da Estrada a un prezo de
10,00€
Xa o venres 5 de maio, ás 21.00h, será o humorista e guionista Luis Piedrahita o que
poña en escena o espectáculo Es mi palabra contra la mía. Un novo show cheo de humor,
enxeño e tenrura no que Piedrahita se pregunta por que ninguén está contento coa vida
que lle tocou en sorte. Un monólogo que tocará temas como as cellas das señoras
maiores, as mudanzas nos rañaceos ou o medo ao váter alleo. As entradas poderán
mercarse a partir deste xoves día 12 de xaneiro na web woutick.es ou presencialmente no
departamento de Cultural do Concello da Estrada a un prezo de 10,00€
Para abrir boca, o sábado 4 de marzo ás 20.30h, será o monologuista coruñés Pablo
Meixe, gañador do II Concurso Nacional de Monólogos Helios, quen traia ao Principal o
seu monólogo Quen aguanta isto? Un show cargado de risos, diversión e retranca
centrado en escenas da vida cotiá como a compra nos supermercados, a convivencia cos
compañeiros de piso ou a relación cos fillos. As entradas poderán mercarse a partir deste
xoves día 12 de xaneiro na web woutick.es ou presencialmente no departamento de
Cultural do Concello da Estrada a un prezo de 5,00€.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.