A Xunta impulsa o proxecto de 140.000 euros na busqueda de melloras para acceso a parcelas en todo o concello Estradense


A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou as obras de mellora da rede viaria que se están a realizar nas parroquias de San Tomé de Ancorados, Remesar e Loimil. Para este proxecto, o seu departamento concedeu unha axuda total de máis de 140.000 euros, e fíxoo no marco do Plan Marco de mellora das vías municipais de acceso ás parcelas agrícolas. Na súa visita á zona, Santé estivo acompañada polo alcalde da Estrada, José López Campos. Os traballos realizados consistiron na mellora da beirarrúa ao longo de máis de 3,8 quilómetros, mellora que tamén incluíu actuacións como a limpeza de cunetas. Así, esta actuación enmárcase na última convocatoria destas axudas, que contou cun orzamento duns 18 millóns de euros. Destacando provincia de Pontevedra recibe uns 3,2 millóns de euros desta cantidade, por 85 actuacións nuns 58 quilómetros de estradas.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.