A Estrada acollerá o 25 de marzo o Festival Música no Camiño

 

O Teatro Principal da Estrada acollerá o vindeiro 25 de marzo o festival de acordeóns Música no Camiño, organizada pola agrupación Os Lóstregos e a Asociación de Acordeonistas da Estrada para honrar á ruta xacobea ao seu paso pola vila.
A edil Amalia Goldar e Javier Expósito, de Os Lóstregos, presentaron onte no Concello o festival, no que se fará unha homenaxe a Manolo Sangiao Puente, o contrabaixista de Os Lóstregos que faleceu en novembro de 2022 nun accidente de tráfico.

 
 
 
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.