O vindeiro luns día 13 de marzo poderanse comezar a recoller as entradas para o musical «Vox populi», última montaxe da compañía de Xoque Carbajal, Malasombra Producións. Vox populi é un espectáculo de gran formato, unha ópera rock con música e letra orixinais, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos. Fala sobre a auxe da ultradereita na época actual e toca unha gran variedade de temas relacionados con este fenómeno, como a inmigración, as liberdades e os dereitos sociais. As entradas poderán recollerse no departamento de Cultura do Concello da Estrada a un prezo de 5,00€.






































