A XUNTA APROBA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DO NOVOTREITO DA AUTOVÍA DE SANTIAGO-A ESTRADA, ENTRE ARAMALLOSA E PONTEVEA, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTODE MÁIS DE 33 M€

― Este 1º treito da prolongación da AG-59 como autovía libre de peaxe discorrerá de norte
a sur e paralelo á AC-841 ao longo de 3,5 km no termo municipal de Teo
― O obxectivo da Xunta é licitar as obras en abril, por máis de 32,3 M€, para poder
comezalas este ano
― Executaranse dous enlaces: un de adecuación do existente na Ramallosa cara á AC-841
e outro de nova construción, sobre a estrada AC-241, situado ao final do treito
― Nesta intervención construiranse 6 novas estruturas que inclúen o viaduto de Santa
Lucía, 3 pasos inferiores e 2 pasos superiores
― En paralelo, segue avanzándose no proxecto de construción da segunda fase de
prolongación da autovía autonómica: outros 4 km entre Pontevea e O Rollo, xa no
municipio da Estrada
― A Xunta destinará un investimento conxunto superior aos 65 M€ á prolongación da AG-
59, permitindo reducir os tempos de viaxe entre os municipios de Santiago de
Compostela e A Estrada a 10 minutos sen pagar peaxes

AUTOVIA AG-59 QUE SERA AMPLIADA HASTA A ESTRADA

A Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de asinar a resolución da
aprobación do proxecto de construción do novo treito de 3,5 novos quilómetros da autovía
Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e o enlace coa estrada AC-241, en Pontevea, no
municipio de Teo.
Trátase da primeira intervención para o impulso da prolongación da AG-59, que dá
continuidade ao treito da autovía libre de peaxe que xa se atopa en servizo e que suporá
un investimento da Xunta de 33.101.705 euros, no que se inclúe o pagamento dos 291
predios necesarios para executar os traballos.
O obxectivo da Xunta é licitar as obras neste vindeiro mes de abril, para poder comezalas
este ano. A intervención conta cun prazo de execución de 20 meses.
O importe da contratación destas obras de prolongación deste novo treito de conexión por
autovía do concello de Teo desde Santiago ascende aos 32.352.634 euros. A consellería
de Infraestruturas e Mobilidade elevará nas vindeiras semanas ao Consello da Xunta a
contratación das obras.
En concreto, o novo trazado discorre de norte a sur, cunha lixeira orientación cara ao oeste
e paralelo á estrada AC-841, atravesando o municipio de Teo.
En canto ás características deste novo tramo da autovía considérase unha velocidade de
proxecto de 100 km/h, con 4 carrís de 4 x 3,50 metros e mediana de 1 x 2 metros,
beiravías exteriores e interiores, e bermas exteriores.
A súa lonxitude é de algo máis de 3,5 quilómetros, con dous enlaces, un consistente na
adecuación do actualmente existente na Ramallosa coa estrada AC-841 e outro de nova

construción, sobre a estrada AC-241, situado ao final do treito. A Actuación inclúe 6 novas
estruturas: viaduto de Santa Lucía, 3 pasos inferiores e 2 pasos superiores.
En concreto, redeséñase o enlace existente na Ramallosa que une a AG-59 coa estrada
AC-841, que constará dun ramal dirección Santiago e un de saída á AC-841. O novo
enlace que se construirá na AC-241 constará dunha vía de acceso á AG-59 en sentido
Santiago e un de saída, que termina nunha glorieta de 20 metros de radio sobre a estrada
AC-241.
Tamén se executarán ao longo do trazado variantes das estradas actuais e camiños de
servizo.
As 6 estruturas de nova construción son: o viaduto en Santa Lucía, de 150 metros de
lonxitude; os dous pasos superiores, un no enlace da Ramallosa de 56 metros de lonxitude
e outro no enlace coa AC-241 de algo máis de 39 metros de lonxitude; e os tres pasos
inferiores.

O proxecto de trazado previo á aprobación da redacción do proxecto construtivo, que
agora vén de aprobar o departamento de Infraestruturas da Xunta, conta tamén coa
declaración de impacto ambiental favorable por parte do organismo competente.
Froito deste proceso, a Xunta, unha vez analizadas as achegas presentadas, incorporou
ao proxecto construtivo un novo camiño de servizo entre os puntos quilométricos 106+300
ao 106+700, para dar continuidade e posibilitar a comunicación entre ambas as marxes da
autovía. Ademais, executarase un novo camiño de servizo paralelo ao tronco da autovía
proxectada entre os puntos 107+120 ata o 107+320 coa finalidade de mellorar os accesos
e comunicacións entre ambas as marxes da nova infraestrutura, das leiras e explotacións
gandeiras existentes nesta entorna.
Tamén se realizará un cambio de trazado e a reposición do oleoduto Coruña-Vigo que
atravesa a traza da AG-59 en dous puntos: na zona do enlace da Ramallosa, no punto
100+240, e na zona previa ao viaduto de Santa Lucía, no 100+400. Inclúese, tamén, a
modificación da sección dos pasos inferiores dos eixos 11 e 19 (puntos quilométricos
106+320 e 107+119) e do paso superior do eixo 17 (punto 104+789), co obxectivo de dar
continuidade ao Camiño da Geira e dos Arrieriros interceptados pola actuación.
Outros 4 km entre Pontevea e O Rollo
En paralelo, a Xunta segue avanzando no proxecto de construción das obras da segunda
fase de prolongación da autovía autonómica: outros 4 quilómetros entre Pontevea e O
Rollo, xa no municipio da Estrada. Esta intervención suporá un investimento da Xunta de
34,4 M€.
A prolongación da AG-59 é un obxectivo estratéxico da Xunta para mellorar a seguridade
viaria e a vertebración territorial, permitindo reducir os tempos de viaxe entre os municipios
de Santiago de Compostela e A Estrada a 10 minutos sen pagar peaxes.
As obras para completar a autoestrada entre as dúas localidades contarán cun
investimento de máis de 65 M€

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.