É asesora de banca persoal nunha entidade financeira, incorpórase ao equipo
de López Bueno “con moitas ganas de traballar polos veciño e veciñas”.
O PSOE continúa anunciando incorporacións á súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Neste
caso trátase de María Belén López Pena, veciña do casco urbano de 48 anos. Belén traballa no sector
bancario como asesora de banca persoal e é Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de
Compostela.
Belén síntese “ilusionadísima” co proxecto do PSOE para A Estrada e chega “con todas as ganas do mundo”
para traballar polos veciños e veciñas. Considera que “hai centos de cousas que mellorar no pobo” e que por
iso é necesario “cambiar para mellor”.
López Bueno manifestou a súa satisfacción por contar con Belén dentro da súa candidatura. Valora que ten
un perfil “inmellorable” e que reúne todas as condicións para ser unha grandísima concelleira. Pona como
exemplo do que será o equipo socialista, “de trato moi fácil, accesibles para todos os veciños e veciñas e co
compromiso de preocuparse polas demandas da xente”.
Tamén indicou que a incorporación de Belén é un indicador da “enorme saúde” do proxecto do PSOE da
Estrada. Salientou que o PSOE é a única forza política que está sendo capaz de atraer persoas de todos os
ámbitos para formar parte dun gran equipo.
López Bueno indicou que nos vindeiros días “aceleraremos o número de presentacións” para que todo o
mundo poida comprobar que o PSOE da Estrada ten a mellor candidatura “de largo” para estas eleccións
municipais
BELÉN LÓPEZ PENA SERÁ A NÚMERO 4 DO PSOE NAS ELECCIÓNS DO28 DE MAIO
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































