Desde o BNG instamos ao concello a no obviar microtopónimos asentados e tradicionais e pedimos a retirada da vella sinalización
Nestes días o concello, a través da empresa adxudicataria, está poñendo a sinalización dos parroquias e lugares da Estrada. Era un clamor e unha necesidade nun concello con máis de 400 núcleos de poboación e 51 parroquias.
Con todo, a pesar de ser un avance importante, cremos que hai aspectos que poderían mellorarse e que pasamos a detallar.
Por unha banda detectamos lugares, que ao ter dous accesos por vías disintas, só se sinala un deles, deixado o outro como estaba, e o que é peor, xerando confusión co nome doutro lugar que ten ao lado. É o caso do Pouso, en San Xiao de Vea, que ten o sinal correspondente no vial da Xunta que vai de Baloira a Pontecesures, pero non acceso que vai de Portela a Souto de Vea.
Outro problema que detectamos é que o concello ignora topónimos asentados e tradicionais, que designan lugares. Adoitan ser lugares con poucas casas, mais habitadas. É o caso dos Croios, en Santo André de Vea ou O Empalme en San Xurxo de Vea. Se vén é certo que estes microtopónimos non figuran no directorio oficial de toponimia e nomenclátor da Xunta de Galiza, si os utilizan os veciños e veciñas para designar un lugar específico destas parroquias. Eses topónimos existen e o concello non debería obvialo na súa sinalización e pedindo á Xunta a súa incorporación aos topónimos oficiais do noso país.
Outro aspecto que se bota en falta nesta sinalización do concello é a que fai referencia á propia vila da Estrada en parroquias e lugares próximos ao casco, ou mesmo a outros concellos limítrofes, así como viais como N-640 ou N-525.






































