A iniciativa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos
empadroadas no Concello da Estrada.
O prazo de inscrición para participar na iniciativa estará en vigor
desde mañá, 29 de xuño, ata o 26 de xullo.
O prazo de inscrición para participar no
Programa de Vacacións para Maiores organizado polo IMSERSO en convenio
de colaboración co Concello da Estrada correspondente á tempada 2023/2024
permanecerá aberto desde o 29 de xuño e ata o 26 de xullo, ámbolos dous
incluídos.
Poderán participar no Programa as persoas que cumpran os seguinte
requisitos:
– Ser residente e estar empadroado no Concello da Estrada.
– Ser maior de 65 anos.
– Pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
– Pensionistas viuvez con idade igual ou superior a 55 anos.
– Pensionistas de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos
estes casos 60 anos cumpridos.
Soamente se admitirá como acompañante ao cónxuxe, parella de feito, ou
unión estable, aínda que non acade o requisito da idade, e sempre que reúna
tódolos demais requisitos, non sendo necesario que reúnan os requisitos de
idade ou pensión, tamén se admitirá coma acompañante a un fillo/a con
discapacidade, que teña un grao de discapacidade igual ou superior ó 45%.
As persoas participantes nas viaxes organizadas na tempada 2022/2023
figuran directamente acreditadas para participar nas viaxes da tempada
2023/2024 , polo que non teñen que presentar nova solicitude, pero si deberán
presentar solicitude de confirmación de reserva de praza no Departamento de
Servizos Sociais ou no Rexistro de Entrada do Concello, do 29 de xuño e ata o
26 de xullo.
Para aquelas persoas que non figuran acreditadas por non ter participado nas
viaxes en anos anteriores, é condición imprescindible presentar solicitude
segundo modelo facilitado polo IMSERSO, xunto co modelo municipal de
reserva de praza dirixida o Concello.
As solicitudes deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais, ou
por Rexistro de entrada do Concello ou a través da Sede Electrónica do
Concello da Estrada ata o 26 de xullo.
Para máis información poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais (de
luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou chamando ao teléfono 986
573 265







































