Finalizada a Feira do Moble de Galicia a presidenta da Fundación, Dona Mercedes Cuíña, facía entrega ao Director de Cáritas Parroquial de A Estrada, Don José Manuel Vázquez, da recadación efectuada durante as xornadas da Feira, en total arredor de 300€.
Ademais das aportacións desinteresadas realizadas por visitantes tamén se inclúen o recadado polo fotomatón realizado durante a exposición da Copa do Mundo e da Eurocopa, no cal os visitantes, ademais de fotografarse gratuitamente cos trofeos, tiñan a opción de levar unha foto de recorto por 5€, dos cales 1€ ía destinado a Cáritas.
A Peña Ciclista Bikestrada tamén fixo entrega ao director de Cáritas duns 100 quilogramos de froita variada que lles sobrou da XII Ruta BTT da Rapa. Esta froita foi repartida entre as familias usuarias desta Organización, sobre todo aquelas que teñen nenos ao seu cargo.
Redacción e Fotografía: Iria Eiras
Fotografía froita: Cáritas Parroquial






































