O prazo para inscribirse na competición manterase vixente ata o
vindeiro 29 de agosto.
Estrada Tennis League dá un paso máis ao
fronte coa apertura, hoxe, do seu prazo de inscrición para a que será a
primeira Liga de Inverno da súa historia.
Esta nova liga, que conta co apoio do Concello de A Estrada e forma parte da
plataforma A Estrada Deporte, manterá en vigor o prazo de inscrición ata o
vindeiro 29 de agosto a través da seguinte ligazón.
A ETL é unha liga de nova creación na zona de A Estrada, cun formato
diferente ao habitual nas ligas de tenis convencionais, xa que consta dunha
fase regular e unha eliminatoria posterior de playoff, que dependendo dos
participantes será ben polo ascenso ou ben polo título da ETL.
Ademais, cada ano natural a programación deportiva complementarase con
dúas ligas, a de inverno e a de primavera.







































