A Estrada acolle esta fin de semanadúas importantes citas para obalonmán galego

 A Federación Galega de Balonmán celebra as probas de
preparación do colectivo arbitral para a vindeira tempada
 Tamén terán lugar os adestramentos das diferentes categorías das
preseleccións autonómicas de cara ao Campionato de España de
Seleccións Territoriais

O Concello da Estrada convértese esta fin
de semana no núcleo do balonmán autonómico coa acollida de dous eventos
que marcan o comezo da conta atrás para a vindeira tempada.
A Federación Galega de Balonmán celebra este sábado, 19 de agosto, as
probas de preparación para os árbitros da vindeira tempada. En total serán
arredor de 130 persoas as que se reúnan no municipio estradense para
enfrontar, ao longo de todo o día, a súa formación para o exercicio do ano que
vén.
As probas ás que se someterán contan con diferentes partes: test físicos,
teóricos e formacións impartidas por distintos profesionais. Nelas participará
todo o colectivo arbitral galego: colexiados, anotadores e cronometradores da
comunidade.
Por outra banda, A Estrada tamén acollerá durante esta fin de semana os
adestramentos das preseleccións galegas de todas as categorías de cara ao
Campionato de España de Seleccións Territoriais 2024, que se celebrará en
Blanes en xaneiro de 2024.
A súa preparación terá lugar os días 19 e 20 de agosto a partir das 9:30 horas.
Tanto as probas de arbitraxe como os adestramentos serán realizados nas tres
pistas do pavillón Coto Ferreiro.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.